O Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro mantense como unha das probas de maior nivel en Europa dentro do circuíto clasificatorio WQS. Un ano máis, despois de 29, os mellores surfeiros do mundo visitan as nosas praias e coméntannos as boas ondas que temos en Costa das Ondas! Abaixo, algunha imaxes durante o bonito evento. Congratulations to Coco Ho (Hawái) and Jorgann Couzinet (Isla Reunión) !
Moita diversión, coñecemento e relax
Moita diversión, coñecemento e relax
Na praia do Vilar, á primeira hora da mañá, déronse cita os alumnos de diferentes escolas para aprender, divertirse e pasar un bo momento.
Abaixo, algunhas fotografías dese momento.
Solpor na praia de Ponzos
Solpor na praia de Ponzos
¡Hoxe na praia de Ponzos! No mes de agosto, gozando á tardiña de boas ondas en Costa das Ondas.
¡Goza as túas vacacións!
Domingo en Campelo
Domingo en Campelo
Domingo pola mañá. É verán na Costa das Ondas. Varios surfistas disfrutan das ondas na praia de Campelo. Mentres tanto, un fotógrafo local toma fotos bonitas dende a auga.
Ondas divertidas na praia de Pantín para comezar o mes de xullo
Ondas divertidas na praia de Pantín para comezar o mes de xullo
Combinación perfecta para a clase de hoxe. Sol, ondas divertidas e fáciles, e moitas ganas de pasalo ben. Así comezaba esta mañá de domingo. Nas imaxes, gozando con Pantín Surf Camp.
Día mundial dos océanos
Día mundial dos océanos
Desde Costa das Ondas, unímonos a celebrar o día mundial dos océanos. Somos conscientes da importancia dos océanos para a saúde do planeta e por iso día a día respectámolo, así como a súa marabillosa contorna. Nestas imaxes, o conxunto natural da Frouxeira no Concello de Valdoviño.
_U2A7864
_U2A7867
Cando a espera é un pracer
Cando a espera é un pracer
Pór do sol, amigos, tranquilidade, natureza nas praias de Pantín, Campelo, Valdoviño ou La Fragata, é un pracer que sentimos mentres gozamos de boas ondas. Goza Costa das Ondas!
_U2A3986
Fin do outono na Fragata
Fin do outono na Fragata
Así como este outono tróuxonos varios temporais, tamén nos deixou días bonitos como este sábado, 18 de marzo. Na praia da Fragata, a escola de Luís Rodríguez e outros surfistas gozan das ondas na Costa das Ondas.
IMG_8039
IMG_8048
IMG_8059
IMG_8044
25 de Marzo en Doniños, Campaña de Limpeza de Praias
25 de Marzo en Doniños, Campaña de Limpeza de Praias
Campaña de limpeza de praias de primavera. Praia de Doniños. Organiza Surfrider Foundation e Océano Surf Club.
Febreiro en Doniños
Febreiro en Doniños
Venres 24 de Febreiro, seis da tarde. É inverno na Costa das Ondas, pero pouco a pouco os días empezan a ser máis longos.
En Doniños o vento sopra con bastante forza e dirección NE. As previsións indican un swell de aproximadamente 1.5 mts. Hai ondas.
Varios surfistas, a maioría locais, disfrutan dun bo baño e nos dan bonitas instantáneas de surf, bodyboard e paddle surf.