Un ano máis a web da Costa das Ondas experimenta cambios nos seus contidos, co fin de manter actualizada e completa a oferta do produto turístico surf do xeodestino Ferrolterra.

Como cada ano, ábrese unha nova oportunidade para a incorporación de novas entidades ou profesionais á marca, para pouco a pouco continuar medrando e consolidando un produto de calidade. O proceso de adhesión á Costa das Ondas continuará aberto os próximos días, podendo ocasionar incidencias na interacción coa web.

Do mesmo xeito, levarase a cabo un proceso de revisión dos datos aloxados na web, para poder manter actualizada a información da oferta da marca turística e incorporar posibles cambios.

Permanecede atentos/as ás novidades que se achegan á Costa das Ondas!

O vindeiro mércores 15 de novembro ás 18:30h celebrarase unha nova Xornada participativa, en modalidade presencial, no Océano Surf Museo. A xornada estará dirixida a todas aquelas persoas, empresas ou entidades que traballan no sector turístico vinculado ó surf ou que lles gustaría emprender dentro deste ámbito.

As persoas con interese neste sector – tanto se pertencen xa á marca Costa das Ondas, coma se non – poderán resolver moitas dúbidas relativas ao emprendemento, liñas de axudas dispoñibles, normativa sectorial, axudas europeas para o sector turístico, a través dos fondos Next Generation ou proxectos relacionados que traballan na activación do sector.

A xornada será de carácter participativo; as persoas asistentes terán a ocasión de trasladar as súas suxestións ou propostas que se traballarán, de xeito colaborativo, ao longo da sesión. Así, recompilarase información sobre as preocupacións e intereses do sector.

A finalidade do evento será dotar de ferramentas aos e ás profesionais do sector, estimulando a creación de novas actividades e a busca de oportunidades. Tamén será unha boa ocasión para crear sinerxías entre o persoal do sector turístico vinculado ao surf, onde poderán xurdir novas colaboracións empresariais. As persoas ou entidades do territorio que aínda non formen parte da marca Costa das Ondas, terán a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre o proxecto e os traballos que se desenvolven a través desta iniciativa.

Todas aquelas persoas que teñan interese en participar e asistir poderán facelo a través do seguinte formulario: https://form.typeform.com/to/d9aZ1eK0

Animádevos a participar, aprender e compartir as vosas propostas ou inquietudes para un sector aberto a novas actividades.

O pasado ano 2022 a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol encabezaba un novo proxecto xunto aos municipios de Carballo (Galicia), Castrillón (Asturias), Ribamontán al Mar (Cantabria) e Getxo (Euskadi), para traballar conxuntamente no desenvolvemento dunha estratexia turística común, baseada nun dos elementos diferenciadores máis importantes destes territorios: o surf.

Deste xeito, presentaban o proxecto da Rede de Pobos do Surf á primeira convocatoria do programa de axudas Experiencias Turismo España, promovida pola Secretaría de Turismo do Estado. A finais de maio do ano 2023 resolvíase favorablemente a concesión desta axuda para creación, desenvolvemento e posta en marcha da Rede de Pobos do Surf como un produto turístico común no que traballar de forma colaborativa dende estes municipios.

En setembro deste mesmo ano, ábrese a segunda convocatoria de solicitudes do programa Experiencias Turismo España, na que Rede de Pobos do Surf volve a presentar unha nova proposta; nesta ocasión únese ao proxecto o municipio de Sopela (Euskadi).

A Rede de Pobos do Surf supón un proxecto colaborativo entre diferentes pobos costeiros do territorio peninsular para o desenvolvemento dun produto turístico surf de calidade, vinculado ao extraordinario patrimonio material e inmaterial destes territorios. O traballo da Rede basearase no desenvolvemento local dos municipios a partir duns principios básicos tales como a implicación da poboación local, o aproveitamento responsable e sostible dos recursos, a eficiencia e a sensibilización social, como claves para retribuír positivamente ao territorio.

Como cada ano, abrimos de novo o proceso de adhesión á marca turística do xeodestino Ferrolterra, Costa das Ondas. Unha nova oportunidade de formar parte desta iniciativa para o traballo e promoción conxunta das diferentes entidades do sector turístico vinculado ao surf.

Dende o día 8 de novembro iniciamos un novo proceso de adhesión para todas aquelas entidades do territorio que dediquen a súa actividade ao turismo e estean ademais ligadas ao surf. Para participar só é preciso cubrir o seguinte formulario, no que a persoa interesada aportará os datos de contacto e da súa actividade: https://form.typeform.com/to/lQNwlJyD

Unha vez pechado o prazo de adhesión, o equipo técnico poñerase en contacto con todas as entidades que cubrisen o formulario para formalizar a adhesión e completar a información que sexa necesaria, así como resolver calquera dúbida que poida xurdir.

Adherirse á Costa das Ondas é unha forma máis de fomentar o traballo colaborativo entre as entidades dun mesmo sector. Unha canle para dar visibilidade e promoción aos servicios do territorio a través de diferentes campañas de promoción online e offline, así como unha oportunidade para beneficiarse das actividades de información, formación e profesionalización que se levan a cabo dende o proxecto.

Quen pode formar parte?

Todas aquelas entidades do sector turístico con relación –  directa ou indirecta –  co surf ou establecementos que conten con clientes amantes do surf: escolas de surf, surf camps, surf houses, tendas de material, shapers, hostalaría, aloxamentos, asociacións… entre outras. As entidades que queiran formar parte desta iniciativa deberán estar emprazadas dentro do territorio do xeodestino Ferrolterra, nalgún dos seguintes municipios:

Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

 

Trala apertura do proceso de adhesión á marca turística do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas, Costa das Ondas, a web do proxecto experimentará modificacións.

Co fin de facilitar a incorporación de novas entidades do sector turístico vinculadas ao surf á marca Costa das Ondas, abriuse un proceso de adhesión a través dun formulario online. Durante este proceso, levouse tamén a cabo unha revisión dos datos das entidades que xa estaban adheridas ao proxecto, co fin de manter actualizada a súa información e incorporar posibles cambios.

Deste xeito, é posible que nos próximos días a web experimente modificacións para incorporar as novas entidades adheridas e actualizar os datos das entidades que xa integran a marca.

O vindeiro martes 22 de novembro (19:00h) celebraremos unha Xornada informativa en modalidade online dirixida a todas aquelas empresas e entidades que conforman a Costa das Ondas e tamén, para aquelas novas persoas interesadas en emprender dentro do sector turístico vinculado ao surf.

As persoas que asistan á xornada coñecerán de primeira man as ferramentas e oportunidades que teñen á súa disposición para potenciar a calidade dos seus produtos e servicios no destino. Así, traballaranse aspectos como a dispoñibilidade de subvencións públicas para a realización de investimentos e ampliación de liñas de negocio, dixitalización e internacionalización; a revisión da normativa sectorial para a prestación de servizos por parte das escolas de surf ou os fondos Next Generation no sector turístico.

A finalidade deste evento formativo é estimular o investimento no sector a través da información, o apoio e a resolución de dúbidas. Mediante o coñecemento das axudas e ferramentas dispoñibles, as persoas participantes poderán mellorar a calidade dos produtos do destino turístico Costa das Ondas.

As persoas interesadas en participar nesta xornada poden inscribirse a través do seguinte formulario:
https://form.typeform.com/to/d9aZ1eK0 . Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto a través do teléfono 621 25 14 90.

Anímate a participar e a potenciar as túas ideas para un sector en constante crecemento dentro dunha marca unida!

Queres gañar unha fin de semana para dúas persoas con aloxamento, almorzo e dúas clases de surf nos establecementos que ti escollas? Segue lendo e contámosche como!

A marca turística Costa das Ondas traballa constantemente na mellora e promoción deste destino surf.

Para continuar co compromiso de traballo, queremos sortear dúas noites de aloxamento (con almorzo incluído) e dúas clases de surf para dúas persoas en calquera dos establecementos adheridos á marca (Pódense consultar neste apartado: https://www.costadasondas.surf/es/map/ ).

Para participar no sorteo soamente tes que darlle a me gusta á publicación do sorteo en Facebook, compartila para que chegue a máis xente e contarnos, a través do seguinte enlace a túa experiencia na
Costa das Ondas [https://form.typeform.com/to/NQuFSRNK], visitando algunha praia, practicando surf, comprando material, deseñando a túa táboa, aloxándote nunha surf house ou vivindo a experiencia nalgún surf camp do destino, acompañado dunha fotografía.

Ao peche do sorteo, poñerémonos en contacto coa persoa gañadora para que escolla o aloxamento e a escola na que quere vivir a súa experiencia.

Anímate a participar e cóntanos como foi a túa visita a Costa das Ondas!

Abrimos de novo o proceso de inscrición para todas aquelas entidades que queiran ser Surf Friendly e pasar a formar parte da Costa das Ondas. Marca oficial para a promoción do destino surf Ferrolterra – Rías Altas.

Que supón ser Surf Friendly e adherirse á marca?

Supón integrarse nunha marca unida para a promoción do destino, participando en accións de difusión conxuntas, tendo visibilidade nos soportes publicitarios (web, redes sociais, folletos…) e formando parte dunha comunidade de servicios vinculados ao surf que fortalece e mellora a oferta do destino.

Quen pode ser Surf Friendly?

Todas aquelas entidades do sector turístico que teñan algún tipo de vínculo co surf, ben porque é a súa liña de traballo ou ben porque contan con clientes ou persoas asociadas amantes do surf. Por exemplo: escolas de surf, surf camps, surf houses, tendas de material de surf, shapers, aloxamentos, establecementos de restauración, etc.

Ademais, as entidades interesadas deben estar localizadas nalgún dos 21 municipios que conforman o xeodestino Ferrolterra – Rías Altas [ Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño ou Vilarmaior. ]

Se queres unirte e pasar a formar parte da Costa das Ondas, fáinolo saber cubrindo o seguinte formulario: https://form.typeform.com/to/lQNwlJyD

Aquí poderás deixar todos os datos necesarios e algunha foto sobre a túa actividade. Tralo peche do proceso de adhesión, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a adhesión. Calquera dúbida podes consultárnola no 621 25 14 90.

  • Poderán participar empresas Surf Friendly que xa están adheridas á marca ademais de outras empresas na busca de novas relacións empresariais centradas no turismo de surf.
  • Un representante do Clúster de Turismo de Galicia dará a benvida ás empresas participantes cun discurso sobre a necesidade de profesionalizar o sector.
  • Deberán cubrir este formulario para facer efectiva a inscrición.

O vindeiro xoves 30 de novembro de 2017 levarase a cabo a celebración do I Workshop de Costa das Ondas no Antigo Hospicio de Ferrol. O evento dará comezo ás 16:00h e contará coa presenza de personalidades do sector turístico que alentarán sobre a importancia da profesionalización do sector e a creación de sinerxias para o desenvolvemento local.

As empresas participarán en pequenas reunións coa fin de crear relacións que impulsen a competitividade das empresas turísticas vencelladas ó surf e en xeral todo o sector empresarial do territorio.

A idea da posta en marcha desta xornada foi inspirada no evento realizado o pasado ano nas mesmas instalacións onde as empresas explicaban os seus proxectos e se detectou o interese en intercomunicarse.

PROGRAMA

16:30 Apertura do evento

17:00 Inauguración

17:30 Presentación por parte dun representante do Clúster de Turismo de Galicia

18:00 Comezo speed meetings workshop

20:00 Clausura

 

  • Podrán adherirse escuelas de surf, surfcamps, surf houses, tiendas de surf con material técnico, y también bares, restaurantes y alojamientos que tengan a turistas de surf como clientes.
  • Las entidades deberán estar instaladas en alguno de los 21 municipios del geodestino turístico Ferrolterra – Rías Altas.

Así las entidades adheridas, formarán parte de las acciones de promoción online y offline que se programen.

Estas acciones promocionales van directamente enfocadas a la difusión de la actividad de las escuelas de surf, surfcamps, surf houses, tiendas de surf o cualquier otra entidad del sector, teniendo en cuenta a aquellos servicios de restauración y alojamiento que cuenten entre sus clientes habituales a turistas de surf.

Para formar parte de la marca Costa das Ondas, debe cubrirse el siguiente formulario, aceptar y cumplir las condiciones del documento de adhesión y remitir varias fotografías de alta calidad del establecimiento a la siguiente dirección de correo electrónico: info@costadasondas.surf

Las entidades deben estar instaladas en alguno de los 21 municipios que conforman el geodestino Ferrolterra – Rías Altas. Estes son: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño y Vilarmaior.