Que é a Costa das Ondas
Acerca da Costa das Ondas
Que e para quen?
¿Que é “Costa das Ondas”?
“Costa das Ondas” é o produto turístico sostible de surf do destino turístico Ferrolterra – Rías Altas. Está liderado pola Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol e participado polo sector do surf. Busca a satisfacción dos turistas mediante a súa participación nunha experiencia única en torno ao surf. Este produto pretende ser innovador, auténtico, de calidade e diferenciado. Configúrase baixo os principios da sustentabilidade ambiental e sociocultural, a responsabilidade social, a innovación e a colaboración público-privada. Co obxectivo de crear empregos de calidade no sector, ten como fin último conseguir que o surf sexa una sinal de identidade da comarca.