Novas

Xornada Informativa para a mellora da competitividade do sector turístico vinculado ao surf

O vindeiro martes 22 de novembro (19:00h) celebraremos unha Xornada informativa en modalidade online dirixida a todas aquelas empresas e entidades que conforman a Costa das Ondas e tamén, para aquelas novas persoas interesadas en emprender dentro do sector turístico vinculado ao surf.

As persoas que asistan á xornada coñecerán de primeira man as ferramentas e oportunidades que teñen á súa disposición para potenciar a calidade dos seus produtos e servicios no destino. Así, traballaranse aspectos como a dispoñibilidade de subvencións públicas para a realización de investimentos e ampliación de liñas de negocio, dixitalización e internacionalización; a revisión da normativa sectorial para a prestación de servizos por parte das escolas de surf ou os fondos Next Generation no sector turístico.

A finalidade deste evento formativo é estimular o investimento no sector a través da información, o apoio e a resolución de dúbidas. Mediante o coñecemento das axudas e ferramentas dispoñibles, as persoas participantes poderán mellorar a calidade dos produtos do destino turístico Costa das Ondas.

As persoas interesadas en participar nesta xornada poden inscribirse a través do seguinte formulario:
https://form.typeform.com/to/d9aZ1eK0 . Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto a través do teléfono 621 25 14 90.

Anímate a participar e a potenciar as túas ideas para un sector en constante crecemento dentro dunha marca unida!

Acerca do autor

Entradas relacionadas