Queres gañar unha fin de semana para dúas persoas con aloxamento, almorzo e dúas clases de surf nos establecementos que ti escollas? Segue lendo e contámosche como!
A marca turística Costa das Ondas traballa constantemente na mellora e promoción deste destino surf.
Para continuar co compromiso de traballo, queremos sortear dúas noites de aloxamento (con almorzo incluído) e dúas clases de surf para dúas persoas en calquera dos establecementos adheridos á marca (Pódense consultar neste apartado: https://www.costadasondas.surf/es/map/ ).
Para participar no sorteo soamente tes que darlle a me gusta á publicación do sorteo en Facebook, compartila para que chegue a máis xente e contarnos, a través do seguinte enlace a túa experiencia na
Costa das Ondas [https://form.typeform.com/to/NQuFSRNK], visitando algunha praia, practicando surf, comprando material, deseñando a túa táboa, aloxándote nunha surf house ou vivindo a experiencia nalgún surf camp do destino, acompañado dunha fotografía.
Ao peche do sorteo, poñerémonos en contacto coa persoa gañadora para que escolla o aloxamento e a escola na que quere vivir a súa experiencia.
Anímate a participar e cóntanos como foi a túa visita a Costa das Ondas!