no foto
Novas

Ábrese un novo proceso de adhesión para formar parte da marca turística Costa das Ondas

Abrimos de novo o proceso de inscrición para todas aquelas entidades que queiran ser Surf Friendly e pasar a formar parte da Costa das Ondas. Marca oficial para a promoción do destino surf Ferrolterra – Rías Altas.

Que supón ser Surf Friendly e adherirse á marca?

Supón integrarse nunha marca unida para a promoción do destino, participando en accións de difusión conxuntas, tendo visibilidade nos soportes publicitarios (web, redes sociais, folletos…) e formando parte dunha comunidade de servicios vinculados ao surf que fortalece e mellora a oferta do destino.

Quen pode ser Surf Friendly?

Todas aquelas entidades do sector turístico que teñan algún tipo de vínculo co surf, ben porque é a súa liña de traballo ou ben porque contan con clientes ou persoas asociadas amantes do surf. Por exemplo: escolas de surf, surf camps, surf houses, tendas de material de surf, shapers, aloxamentos, establecementos de restauración, etc.

Ademais, as entidades interesadas deben estar localizadas nalgún dos 21 municipios que conforman o xeodestino Ferrolterra – Rías Altas [ Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño ou Vilarmaior. ]

Se queres unirte e pasar a formar parte da Costa das Ondas, fáinolo saber cubrindo o seguinte formulario: https://form.typeform.com/to/lQNwlJyD

Aquí poderás deixar todos os datos necesarios e algunha foto sobre a túa actividade. Tralo peche do proceso de adhesión, poñerémonos en contacto contigo para formalizar a adhesión. Calquera dúbida podes consultárnola no 621 25 14 90.

Acerca do autor

Entradas relacionadas